Eu, Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, fago saber que no procedemento ordinario 798/2015-t se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:
«Sentenza.
Vigo, 31 de marzo de 2017.
Ana Araceli Muñoz Martin, maxistrada xuíza de Primeira Instancia número 10 de Vigo e o seu partido, vendo os presentes autos de procedemento común 798/2015-t seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Joaquín Chamorro Amil, con DNI nº 77008056P, representado polo procurador Luís Pedro Lanero Táboas, e asistido do letrado Rafael Caro Moya, e doutra, como demandados, Abel González Morán, con DNI nº 76894757F, representado polo procurador Germán Fernández Sampedro, e asistido do letrado Augusto Saavedra Davila, e Balbina Blanco Lavariñas, declarada en situación procesual de rebeldía, se ditou a seguinte sentenza e
Resolución:
Estimando parcialmente a demanda interposta por Joaquín Chamorro Amil fronte a Abel González Morán e Balbina Blanco Lavariñas, debo declarar e declaro a resolución con efectos ex tunc do contrato de traspaso de local de negocio subscrito polas partes o 18 de febreiro de 2014.
Non se fai declaración de condena en custas.
Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, que se interpoñerá ante este órgano xudicial.
Conforme a D.A. décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar constituír, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».
Expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación a Balbina Blanco Lavariñas, actualmente en ignorado paradoiro.
Vigo, 10 de decembro de 2018
O letrado da Administración de xustiza