Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 10 de maio de 2021 Páx. 23440

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (477/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase procedemento ordinario seguido baixo o número 477/2019, no cal figura como interveniente o Colegio Junior’s, S.L. e no cal se sinalou a conciliación e/ou o xuízo para o día 4.6.2021, ás 11.55 e 12.00 horas, respectivamente.

Estando a devandita parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto cumprindo o disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e á protección de datos, co fin de que sirva de notificación na forma deste.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza