Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 10 de maio de 2021 Páx. 23438

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 56/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 56/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Castro Lamas contra Mutua Gallega, Kastiñeiriño de Hostelería, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Auto

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2021

Parte dispositiva

Despáchase orde xeral de execución da Sentenza 43/2020, do 18 de febreiro, ditada nos autos de seguridade social 851/2017, a favor de Sandra Castro Lamas fronte a Kastiñeiriño de Hostelería, S.L. e fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, na súa condición de Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, como responsables subsidiarios para o caso de insolvencia da mercantil executada xudicialmente declarada, por importe de 351,23 euros en concepto de principal (por diferenzas da prestación de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo do período do 24 de abril de 2017 ao 12 de xuño de 2017 con base reguladora de 21,82 euros/día), máis outros 35,12 euros orzados provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, e declárase cumprida e executada a sentenza por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, polo que procede o arquivamento da executoria fronte á dita entidade colaboradora.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de reposición no prazo de tres días, contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Por este auto así o pronuncio, mando e asino. Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

A maxistrada xuíza A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o acordado. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Kastiñeiriño de Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza