Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 10 de maio de 2021 Páx. 23347

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2021 pola que se modifica a Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR606A).

Con data do 9 de marzo de 2020 publicouse a Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR606A).

Na sección 2ª, acórdase a convocatoria para os exercicios 2020 e 2021, conforme o disposto no artigo 5 das bases reguladoras.

No artigo 35, Financiamento, disponse que «O crédito máximo recollido nas aplicacións orzamentarias poderá ser redistribuído entre estas en función do carácter das distintas entidades beneficiarias e tendo en conta a proposta de concesión da Comisión de Valoración.

Segundo o artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a alteración da distribución entre os distintos créditos orzamentarios non precisará dunha nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

2. O importe dos fondos previstos entenderase máximo, ben que cabería a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitantes que resulte da aplicación dos criterios de valoración fixados no artigo 20 das bases reguladoras.

3. De producirse a ampliación de crédito, publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) e na páxina web da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo para resolver».

Con data do 4 de marzo de 2021 tivo lugar a Comisión de Valoración, constituída segundo o disposto nas bases reguladoras, e pola que se acorda a proposta de concesión de subvencións tendo en conta o disposto nos artigos 20 e 21 das bases reguladoras. Con base nesta proposta de concesión de subvencións, e en atención á natureza das entidades beneficiarias, cómpre proceder á redistribución dos créditos recollidos nas aplicacións orzamentarias.

Tendo en conta que a concesión das subvencións, logo da correspondente tramitación dos expedientes, se produce en 2021, faise necesario modificar os prazos de xustificación previstos inicialmente e que se prevén no artigo 39, configurando uns prazos que permitan o desenvolvemento dos proxectos presentados en relación cos que se conceden as subvencións.

Asemade, faise necesario modificar o prazo previsto no artigo 40 con relación ao pagamento anticipado do 80 % do importe da subvención concedida, tendo en conta que o prazo inicialmente previsto na convocatoria está vencido e corresponde establecer un novo prazo acorde coa data da resolución definitiva pola que se conceden as subvencións.

Con base no anterior, e en uso das competencias atribuídas no Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, modificado polo Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) e se modifica o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos.

RESOLVO:

Único. Modificar a Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR606A).

Un. O artigo 35, Financiamento, no seu número 1 queda redactado da seguinte maneira:

«1. As subvencións que se concedan imputaranse ás seguintes aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentaria

04.A1.571A.781.0

Anualidade 2021

201.525,50 €

Aplicación orzamentaria

04.A1.571A.745.0

Anualidade 2021

59.628,19 €

Aplicación orzamentaria

04.A1.571A.760.0

Anualidade 2021

455.934,68 €

Aplicación orzamentaria

04.A1.571A.744.0

Anualidade 2021

32.911,63 €

Dous. O artigo 39, Xustificación da execución, nos seus números 1 e 2, queda redactado da seguinte maneira:

«1. A execución dos investimentos subvencionables levarase a cabo nun período máximo de nove (9) meses que comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de concesión das axudas no Diario Oficial de Galicia (DOG), sen prexuízo do disposto no artigo seguinte. En todo caso, a execución total dos investimentos subvencionables levarase a cabo antes do 30 de novembro de 2021.

2. A documentación xustificativa do cumprimento da finalidade da subvención deberá presentarse nos tres (3) meses seguintes ao da terminación do prazo de realización da actividade e, en todo caso, antes do 15 de decembro de 2021».

Tres. O artigo 40, Pagamento anticipado e garantía, no seu número 1, queda redactado da seguinte maneira:

«1. As persoas beneficiarias recibirán un pagamento anticipado do 80 % do importe da subvención concedida de acordo co establecido no artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia. Con relación a este anticipo e con data límite do 15 de maio de 2021, as persoas beneficiarias deberán presentar o anexo V (xustificación do plan e comezo do proxecto) desta resolución. O pagamento do importe restante (20 %) realizarase unha vez xustificado o cumprimento da finalidade da subvención».

Disposición adicional única. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a Área de Modernización das Administracións Públicas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para que dite as instrucións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición derradeira primeira. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia con efectos desde o 10 de marzo de 2020.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia