Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 10 de maio de 2021 Páx. 23258

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 29 de abril de 2021 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña,

DISPOÑO:

O nomeamento de Manuel Galdo Pérez como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en representación da citada cámara.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2021

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar