Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 1.9.2020 (publicado no BOE do 17.9.2020, por Resolución do secretario xeral de Universidades do 3.9.2020).
Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Visión por Computador pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e a Universidade de Porto.
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2021
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Máster universitario en Visión por Computador pola Universidade da Coruña,
a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo
e a Universidade do Porto (Portugal)
Código RUCT: 4316989.
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.
Universidades participantes: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade do Porto (Portugal).
Modalidade de impartición: presencial.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
Obrigatorias |
48 |
Optativas |
9 |
Prácticas externas OB |
3 |
Traballo fin de máster |
30 |
Créditos totais |
90 |
Cadro 2. Plan de estudos do máster.
Materia |
Carácter |
Créditos |
Curso |
Módulo |
Fundamentos de Procesado e Análise de Imaxe |
6 |
OB |
1º |
Procesado e Análise de Imaxe |
Procesado e Análise de Imaxe Avanzados |
6 |
OB |
1º |
|
Modelado e Recoñecemento Tridimensional |
3 |
OP |
1º |
|
Descrición e Modelado de Imaxe |
6 |
OB |
1º |
Modelado e Recoñecemento Visual |
Recoñecemento Visual |
6 |
OB |
1º |
|
Recoñecemento de Accións Humanas |
3 |
OP |
1º |
|
Fundamentos de Aprendizaxe Automática para Visión por Computador |
6 |
OB |
1º |
Aprendizaxe Automática Aplicada a Visión por Computador |
Aprendizaxe Automática Avanzada para Visión por Computador |
6 |
OB |
1º |
|
Instrumentación e Procesamento para Visión Artificial |
6 |
OB |
1º |
Visión Artificial para a Industria e a Enxeñaría |
Fotogrametría e Visión Robótica |
6 |
OP |
1º |
|
Visión Artificial en Tempo Real |
3 |
OP |
1º |
|
Instrumentación e Procesamento para Aplicacións Biomédicas |
6 |
OB |
1º |
Aplicacións de Análise de Imaxe Biomédica |
Análise de Imaxes Biomédicas |
6 |
OP |
1º |
|
Biometría |
3 |
OP |
1º |
|
Prácticas en empresas |
3 |
OB |
1º |
Prácticas en empresas |
Traballo fin de máster |
30 |
OB |
2º |
Traballo fin de máster |