Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 11 de maio de 2021 Páx. 23568

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 4 de maio de 2021 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2021 das bases reguladoras das axudas para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración e a adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio, susceptibles de seren financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (código de procedemento IG524E).

BDNS (Identif.): 536335.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase en 4.000.000 € o crédito dispoñible para concesións nesta convocatoria quedando fixado do seguinte xeito:

Partida orzamentaria 06.A1-741A-7700: 10.200.000 € con cargo ao ano 2021.

Partida orzamentaria 06.A1-741A-4702: 800.000 € con cargo ao ano 2021.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2021

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica