Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23776

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019.

Mediante a Resolución do 13 de decembro de 2019 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 246, do 27 de decembro) convocouse concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, modificada pola Resolución do 21 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 256, do 22 de decembro), que amplía o número de prazas convocadas.

Pola Resolución do 11 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 54, do 22 de marzo) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Logo de finalizado o prazo de emenda previsto na base sexta da resolución de convocatoria e de conformidade co disposto na citada base, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo e por especialidade, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado mediante a Resolución do 13 de decembro de 2019.

Segundo. As listas coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base 6.3 da Resolución do 13 de decembro de 2019, contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun (1) mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos