Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23773

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do proceso selectivo unitario para a cobertura de postos de auxiliar de policía local, convocado pola Orde do 29 de marzo de 2021, e se fai pública a data e hora da primeira proba do proceso.

No DOG núm. 65, do 8 de abril de 2021, publicouse a Orde do 29 de marzo de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de 104 postos de auxiliares de policía local. Por Resolución do 27 de abril de 2021 da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública (DOG núm. 82, do 3 de maio) aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do dito proceso.

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de reclamacións sobre as ditas listaxes, de conformidade co establecido na base 4 da Orde do 29 de marzo de 2021 (DOG núm. 65, do 8 de abril) pola que se convoca o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de 104 postos de auxiliares de policía local, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo unitario para a cobertura de postos de auxiliares de policía local convocados pola Orde do 29 de marzo de 2021 (DOG núm. 65, do 8 de abril).

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e a listaxe definitiva de persoas aspirantes non exentas da realización da proba de coñecemento da lingua galega poderán consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal.

Segundo. Convocar as persoas aspirantes admitidas á realización do primeiro exercicio do proceso selectivo correspondente ás probas físicas os días 15 e 16 de maio de 2021 no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, rúa Padre Fernando Olmedo, 1, 36071 Pontevedra, de acordo coa orde de chamamento e horario indicado, que se publicará na páxina web da Agasp.

Os aspirantes comparecerán provistos do documento nacional de identidade ou calquera outro documento legal que o substitúa e máscara, e seguirán o protocolo de prevención e protección contra o coronavirus-19 que se atopa publicado na páxina web da Agasp.

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios será efectuada na sede da Agasp e na páxina web da propia Academia (http://agasp.xunta.gal) na sección de novas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 11 de maio de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas

NIF

Apelidos e nome

Motivo da exclusión (cód.)

***2631**

Abella García, Jacobo

2

***5774**

Alarcón Vellozzo, Miguel Ángel

1

***3312**

Blanco Alidina-Costa, Adrián

1

***2986**

Castiñeira Pastoriza, Alfonso

2

***1701**

Díaz Castro, Bruno

1

***9848**

Dopazo Collazo, María Isabel

1

***6497**

Fernández Célix, Nuria

1

***7224**

González Barreiro, Vanessa

1

***0027**

Iglesias Casal, Gustavo

3

***1959**

Infante Santiago, Marta

4

***9582**

Lages Brión, Alexandre

1

***0541**

Lamas García, Emanuel

5

***9161**

Longa Sayans, Álvaro

1

***5432**

Méndez Pájaro, Xosé Aarón

6

***8809**

Naya Mallón, Rebeca

2

***6327**

Paredes Pastor, Raúl

2

***4434**

Prieto Bellón, Iván

1

***5757**

Ramos da Silva, María Teresa

4

***0501**

Roca Deibe, Silvia

1

***1285**

Salgado Morado, Santiago

1

***2128**

Salgado Sánchez, Diego

4

***9907**

Santomé Prieto, Laura

1

***8477**

Soto Carlín, Andrés

1

***6594**

Troncoso Lorenzo, Francisco

1

***2846**

Vila Bourio, Diego Luis

1

Causas de exclusión:

Cód.

Descrición

1

Non presenta xustificante do aboamento da taxa.

2

Xustificante de aboamento da taxa incorrecto ou incompleto.

3

Non ten ou non foi posible consultar a titulación académica requirida.

Debe presentar documentación acreditatitva.

4

Non foi posible consultar a inexistencia de antecedentes penais.

Debe presentar documentación acreditatitva.

5

Solicitude presentada fóra de prazo.