Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 28 de abril de 2021, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a resolución dunha baixa de autorización turística.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), faise pública a resolución, recaída no expediente de baixa do establecemento relacionado, polo cesamento da súa actividade, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Contra a dita resolución, que esgota a vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, todo isto, sen prexuízo de que a interesada poida interpoñer calquera outro que considere oportuno.

Ourense, 28 de abril de 2021

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: Turismo Rural A Casa das Cestas TR-OR-42.

Titular: Mª Belén Rodríguez Estevez.

Enderezo: Anagaza, 9.

Concello: A Pobra de Trives.