Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23769

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 28 de abril de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para ingresar no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018, pola que se fai público a lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

O 27 de abril de 2021, o tribunal elaborou a listaxe de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo por orde das puntuación acadadas, consonte as bases IV.1 e IV.2 da Orde do 22 de maio de 2018. Na lista non constan os resultados da cuarta proba, por estaren exentas todas as persoas que superaron o proceso. A lista xúntase como anexo a este acordo.

Así mesmo, o tribunal acordou publicar a lista no DOG e na web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal) e remitila á Dirección Xeral da Función Pública para que nomee funcionarias de carreira ás persoas que se recollen nela.

Para ser nomeadas, as persoas aspirantes aprobadas deberán presentar varios documentos de acordo coas bases IV.2 e IV.3 da convocatoria. Para isto disporán de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día da publicación da listaxe no DOG.

Ao abeiro da base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderá presentarse un recurso de alzada perante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, segundo o previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2021

Marcos Barreiro González
Presidente do tribunal

ANEXO

Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para ingresar
no corpo facultativo de grao medio de Administración especial
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2,
escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal

Orde

Quenda

DNI

Apelidos e nome

1ª proba

2ª proba

3ª proba

Total

1

A. libre

***9558**

Fernández Coroas, Pablo

30,69

37,89

18,19

86,77

2

P. interna

***3266**

Val Mouriño, Diego

34,47

29,47

16,73

80,67

3

P. interna

***7318**

Sotelino Álvarez, Víctor Manuel

29,91

29,47

17,33

76,71

4

A. libre

***0445**

Martínez Álvarez, Víctor Manuel

31,94

31,57

11,39

74,90

5

A. libre

***2224**

González Fernández, Manuel

28,67

25,78

17,76

72,21

6

A. libre

***7070**

Casal Pereira, Bran

31,82

30,00

10,13

71,95

7

P. interna

***8150**

Álvarez Rodríguez, José Manuel

29,75

23,15

17,17

70,07

8

P. interna

***9238**

González López, José

31,70

27,36

10,24

69,30