Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23766

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslados para a provisión de postos xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia entre funcionarios do corpo de médicos forenses, convocado pola Resolución do 5 de novembro de 2020.

De conformidade co establecido nos artigos 51, 52 e 53 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, así como na Resolución do 5 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia para o corpo de médicos forenses, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro. Resolver o concurso de traslados adxudicando o posto identificado no anexo I á funcionaria de carreira, pertencente ao corpo de médicos forenses, igualmente identificada no dito anexo.

Segundo. Declarar desertos os postos relacionados no anexo II.

Terceiro. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade da persoa funcionaria, de oito días hábiles se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e de vinte días hábiles se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, da Comunidade Autónoma das Illes Balears, da Cidade de Ceuta e da Cidade de Melilla, en que será dun mes tanto se o posto de traballo é o de orixe coma se é o de destino. Cando a persoa adxudicataria da praza obteña coa súa toma de posesión o reingreso no servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Polo que respecta aos funcionarios que estean desempeñando un posto de traballo en comisión de servizo, para os efectos de prazos posesorios entenderase por localidade do funcionario aquela na que estea a prestar servizos efectivamente.

O prazo para a toma de posesión empezarase a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución do concurso no Boletín Oficial del Estado.

Quen se atope desempeñando unha comisión de servizo non será necesario que se desprace ao órgano de orixe que teña reservado para formalizar o cesamento, podéndoo realizar no órgano en que estea a prestar a comisión; para o caso, a Administración faralle chegar os documentos ao órgano no que o concursante se encontre desempeñando a comisión.

Se a resolución comporta reingreso ao servizo activo desde as situacións de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público, de excedencia voluntaria por interese particular, de excedencia voluntaria por agrupación familiar ou de suspensión de funcións, o prazo de toma de posesión deberase computar desde a dita publicación.

O prazo posesorio será retribuído pola Administración competente respecto da praza obtida no concurso.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas, incluídos os de vacacións, que lles foran concedidos aos interesados.

Cuarto. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo ante os xulgados competentes do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, segundo o disposto nos artigos 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; ambos os prazos contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2021

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Fase de concurso

Adxudicatario/a

DNI

Nº orde

Posto adxudicado

Centro de traballo

Martínez López, Olaya

**8149**

189

XG9251820015770307.00

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección de Santiago de Compostela (A Coruña)

ANEXO II

Prazas desertas

Nº orde

Denominación

ATP

Localidade

Provincia

Vacantes

Posto

174

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

A Coruña

A Coruña

1

XG9251820015001305.00

178

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

A Coruña

A Coruña

1

XG9251820015001309.00

179

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Ferrol

A Coruña

1

XG9251820015350301.00

182

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Ferrol

A Coruña

1

XG9251820015350304.00

190

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Santiago de Compostela

A Coruña

1

XG9251820015770308.00

192

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Lugo

Lugo

1

XG9251820027001302.00

195

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Lugo

Lugo

1

XG9251820027001305.00

199

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Ourense

Ourense

1

XG9251820032001304.00

200

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Ourense

Ourense

1

XG9251820032001305.00

201

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Pontevedra

Pontevedra

1

XG9251820036001301.00

203

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Pontevedra

Pontevedra

1

XG9251820036001303.00

208

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Vigo

Pontevedra

1

XG9251820036560303.00

213

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Vigo

Pontevedra

1

XG9251820036560308.00