Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23868

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para a provisión do posto de traballo de xefatura de Modernización e Desenvolvemento Administrativo do ORAL.

No Boletín Oficial da provincia número 71, do 16 de abril de 2021, publicáronse as bases do proceso selectivo convocado para a provisión do posto de traballo de xefatura de Modernización e Desenvolvemento Administrativo do servizo ORAL, polo sistema de libre designación.

O prazo para presentar as solicitudes e demais documentación será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 20 de abril de 2021

A presidenta da Deputación de Pontevedra

P.D. ( R.P. nº 2019012988, do 15.7.2019)

Carlos López Font

Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra