Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23866

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación do artigo 21 (Ordenanza 4B) da normativa do Plan parcial do solo urbanizable programado número 6 (SUP-6) Santa Marta.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do día 25 de marzo de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación do artigo 21 (Ordenanza 4B) da normativa do Plan parcial de ordenación do SUP-6 (Santa Marta), sen modificacións respecto da aprobada inicialmente o 23.11.2020.

A modificación afecta unicamente o punto 12 (usos) do citado artigo 21, que quedará coa seguinte redacción:

«Artigo 21. Ordenanza 4B de cuarteiróns abertos

(....)

12. Usos.

Terase en conta o disposto pola ordenanza de cuarteirón pechado 2b no punto 9, coas seguintes excepcións:

Permitirase o uso vivenda en planta baixa nos cuarteiróns 14 e 15, sempre que non se altere o número máximo de vivendas establecido nos cadros de características nin a participación global do uso de vivenda exceda do 0,825 m2 construídos por m2 de solo.

No cuarteirón 12 proxéctase un volume edificado de dúas plantas que ocupan a totalidade da superficie do cuarteirón con fronte á zona verde V-3; o seu uso será o comercial, coas tolerancias establecidas na regulación de uso definida polo Plan xeral e polo Plan parcial.

En todo caso, a superficie edificable total autorizable en cada bloque non poderá exceder a atribuída no correspondente cadro de características do Plan parcial».

O presente acordo de aprobación definitiva notificarase persoalmente aos interesados, e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, o anuncio de aprobación definitiva publicarase, xunto coa normativa resultante da modificación, no Boletín Oficial da provincia.

Remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir a modificación puntual do Plan parcial no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo anteriormente transcrito poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2021

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica