Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23865

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para destinar unha parcela de solo rústico a equipamento sanitario asistencial privado (expediente 2019/X999/000766).

En sesión ordinaria do Pleno do Concello das Pontes de García Rodríguez, do 5 de maio de 2021, aprobouse definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para destinar unha parcela de solo rústico a equipamento sanitario asistencial de carácter privado (residencia de saúde mental), que promove a Asociación de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal (CIF núm. G15524614), segundo a documentación que se presentou no concello en data 24.3.2021 (RE sede núm. 816 e seguintes) e 12.4.2021 (RE sede núm. 1021), que asina o arquitecto Felipe Picos Brage, colexiado núm. 1741 do COAG, e que se rexistrou no COAG en data 25.2.2021.

As medidas preventivas que se propoñen para corrixir os efectos negativos no medio ambiente enuméranse na epígrafe 11 do texto do plan.

O contido íntegro do Plan especial estará á disposición do público no portal de transparencia da sede electrónica do concello (https://sede.aspontes.org/opencms/gl/portal_transparencia/).

Contra este acordo pódese interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia, e artigo 201.1 do regulamento de desenvolvemento da citada lei) no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

As Pontes de García Rodríguez, 6 de maio de 2021

O alcalde
P.D. (Decreto 993/2019, do 24 de xuño; BOP núm. 121, do 28 de xuño)
Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Coordinación do Goberno