Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23864

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO da aprobación das bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 72, do 20 de abril de 2021, publícáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir as seguintes prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral do Concello de Curtis, incluídos na oferta de emprego público de estabilización do emprego temporal para o ano 2020:

– Dúas prazas de administrativo, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala administrativa, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

– Tres prazas de monitor deportivo-adestrador, persoal laboral grupo III, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

– Dúas prazas de operario de servizos múltiples, persoal laboral grupo V, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

– Unha praza de orientador laboral, persoal laboral grupo II, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

– Nove prazas de peón do grupo de emerxencias supramunicipal, persoal laboral grupo V, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de instancias en que se solicita tomar parte na respectiva proba selectiva é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.

Curtis, 20 de abril de 2021

Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde