Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24257

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2021, que se incorpora no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2021

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco-Cecopesca), para a promoción e a mellora da comercialización das conservas de produtos pesqueiros no ano 2021.

149.000 €

4.1.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2021 como consecuencia das actividades que desenvolva a federación ao longo do exercicio.

96.000 €

15.1.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2021 como consecuencia das actividades que desenvolva a federación ao longo do exercicio.

44.500 €

15.1.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2021 como consecuencia das actividades que desenvolva a federación ao longo do exercicio.

96.000 €

15.1.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2021 como consecuencia das actividades que desenvolva a federación ao longo do exercicio.

96.000 €

15.1.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., para a realización dunha serie de programas sobre o sector pesqueiro e, igualmente, a difusión e informacións diarias sobre a actualidade do sector no ano 2021.

100.000 €

20.1.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2021 como consecuencia das actividades que desenvolva a federación ao longo do referido exercicio.

8.000 €

24.2.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de pescadores para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución sen ánimo de lucro para a mellora da competitividade, do fomento e da promoción das confrarías de pescadores.

27.000 €

14.4.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución sen ánimo de lucro para acadar os obxectivos básicos de fomento da organización sectorial e mellora da súa competitividade.

16.000 €

14.4.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución sen ánimo de lucro para acadar a mellora da competitividade, tanto da propia federación como do sector pesqueiro de Lugo.

16.000 €

14.4.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución sen ánimo de lucro para acadar os obxectivos básicos de fomento da organización sectorial e mellora da súa competitividade.

16.000 €

14.4.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución sen ánimo de lucro para acadar os obxectivos básicos de fomento da organización sectorial, a visibilización do seu sector e a mellora da súa competitividade.

5.000 €

21.4.2021

Protocolo de colaboración entre a Consellería do Mar, a Asesoría Xurídica Xeral e o Instituto Universitario de Estudios Europeos Salvador de Madariaga da Universidade da Coruña para establecer un marco xurídico e institucional axeitado para impulsar a colaboración desde a perspectiva de asesoramento, docencia e investigación en temas relacionados co dereito internacional e europeo do mar.

Sen custo económico

30.4.2021