Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24292

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2021 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as mediante a Orde da Consellería de Facenda do 22 de abril de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 80, do 26 de abril, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as

Tribunal titular:

Presidencia:

– María Isabel del Río Viqueira, funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos/as.

Secretaría:

– María Emilia Vázquez Rozas, profesora titular de Econometría da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.

Vogais:

– Carlos Pío del Oro Sáez, profesor titular de Economía Aplicada da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.

– Marcos Rodríguez Rey, funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos/as.

– Pilar Uriz Tomé, catedrática de Escola Universitaria de Economía Aplicada da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Rosa Elvira Fernández González, funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos/as.

Secretaría:

– Mónica Martínez Otero, funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– María Esther López Vizcaíno, funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos/as.

– Juan Manuel Gómez Duaso, funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

– José Ramón Cancelo de la Torre, catedrático de Economía Aplicada da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.