Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24294

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2021 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de abril de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 80, do 26 de abril, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as

• Tribunal titular:

Presidencia:

– Manuel Mateo Díaz, funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos/as.

Secretaría:

– Fernando Luis Lema Devesa, funcionario do corpo superior de estatísticos do Estado.

Vogais:

– María Teresa Cancelo Márquez, profesora titular de Economía Aplicada da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da Universidade de Santiago de Compostela.

– María José Lombardía Cortiña, profesora titular de Estatística e Investigación Operativa da Facultade de Informática da Universidade da Coruña.

– Raúl Jácome Rodríguez, funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos/as.

• Tribunal suplente:

Presidencia:

– Rosa Elvira Fernández González, funcionaria do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos/as.

Secretaría:

– José Manuel Colmenero Álvarez, funcionario do corpo superior de estatísticos do Estado.

Vogais:

– Sara Isabel Moyano Pérez, funcionaria do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos/as.

– Juan Manuel Gómez Duaso, funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

– Mónica Martínez Otero, funcionaria do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.