Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24396

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, mediante o sistema de oposición, quenda libre, de tres prazas de persoal funcionario de carreira, categoría administrativo/a.

Mediante o Decreto 749/2021, do 22 de abril, da concelleira delegada da Área de Recursos Humanos, Industria e Emprego do Concello das Pontes de García Rodríguez, convocouse o proceso selectivo para a cobertura de tres prazas de persoal funcionario de carreira, coa categoría de administrativo/a, vacantes no cadro de persoal da entidade local. A través do citado decreto tamén se aprobaron as bases da convocatoria.

As bases da convocatoria publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 78, do 28 de abril de 2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse de acordo co previsto nas súas bases reguladoras.

As Pontes de García Rodríguez, 28 de abril de 2021

O alcalde
P.D. (Decreto 993/2019, do 24 de xuño; BOP núm. 121, do 28 de xuño)
Ana María Pena Purriños
Concelleira delegada da Área de Recursos Humanos, Industria e Emprego