Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24395

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO de rectificación de erros nas bases e na convocatoria do proceso para a cobertura dunha praza de peón condutor e dúas prazas de operarios de servizos varios para a área de recollida de RSU do concello de Arbo, en réxime laboral, na modalidade de interinidade por vacante, mediante sistema de oposición libre.

Advertidos unha serie de erros nas bases e na convocatoria aprobadas pola Resolución da Alcaldía nº 140/2021, do 16 de marzo de 2021, para a selección, en réxime de persoal laboral temporal, na modalidade de interinidade por vacante, para a área de recollida de RSU do Concello de Arbo, dunha (1) praza de peón con carné de conducir e dúas (2) prazas de operarios de servizos varios, mediante o sistema de oposición libre, publicadas no BOPPO nº 59, do 29 de marzo de 2021, procédese á súa rectificación a través da Resolución nº 169/2021, do 13 de abril de 2021.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 74, do 21 de abril de 2021, están publicados os erros detectados nas bases que deberán rexer a convocatoria para a selección das referidas prazas.

As instancias en que se solicite participar no correspondente proceso selectivo presentaranse, na forma prevista nas mencionadas bases, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, e no taboleiro de anuncios do Concello, sen prexuízo da súa publicación na sede electrónica e páxina web deste Concello, cuxos enderezos son
https://concellodearbo.sedelectronica.gal e www.concellodearbo.es.

Arbo, 23 de abril de 2021

Horacio Gil Expósito
Alcalde