Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24710

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Tiro Olímpico

ANUNCIO de modificación de diversos artigos dos estatutos desta federación.

Aprobada a modificación dos estatutos pola Asemblea Xeral da Federación Galega de Tiro Olímpico, en reunión extraordinaria do 12 de decembro de 2020, e ratificados pola Secretaría Xeral para o Deporte en Resolución do 13 de marzo de 2021, de conformidade co artigo 54.7 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, procédese ao anuncio da modificación de diversos artigos dos seus estatutos, e deposítase copia íntegra deles no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia da Secretaría Xeral para o Deporte.

Lugo, 20 de abril de 2021

José María Fajardo de Andrade Schächter
Presidente da Federación Galega de Tiro Olímpico