Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24709

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión, mediante nomeamento interino, de postos da subescala de secretaría-intervención de municipios da provincia de Ourense.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 102, do 7 de maio de 2021, publicáronse as bases e convocatoria do proceso selectivo para a provisión, mediante nomeamento interino, de postos da subescala de secretaría-intervención de municipios da provincia de Ourense.

De acordo co previsto na base 3ª, número 3, queda aberto o prazo de presentación de solicitudes, o cal será de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As sucesivas publicacións do procedemento selectivo efectuaranse na páxina web da Deputación Provincial de Ourense (http://www.depourense.es).

Ourense, 7 de maio de 2021

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense