Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS ROS803 ao CT proxectado Cristelos de Abaixo, no concello de Tomiño, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2019/238-4).

A instalación denominada LMTS ROS803 ao CT proxectado Cristelos de Abaixo, no concello de Tomiño, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 28 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados. A condición de beneficiaria tena a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 3 de xuño de 2021, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Tomiño.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios; infórmase de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 23 de abril de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 36.3 en relación co 37.1
do Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

LMTS ROS803 ao CT proxectado Cristelos de Abaixo (Tomiño)

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 pleno dominio

m2 servidume paso soterrado

Concello

1

36054A020004520000EU

O Cochos

Labradío

Descoñecido

121,99

Tomiño

2

36054A020004530000EH

O Cochos

Viña

José González Troncoso

CT

45,22

7,27

Tomiño

3

36054A020004540000EW

O Cochos

Viña

Descoñecido

CT

1,29

Tomiño