Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24642

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 14 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza de procedemento ordinario (714/2020).

Eu, María Encina Redondo Verdial, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 14 da Coruña,fago saber que neste órgano xudicial se tramita procedemento ordinario 714/2020, seguido por instancia de Abanca Corporación Bancaria, S.A. contra Marco Paulo Alves de Oliveira, no que se ditou sentenza de data quince de marzo de 2021, e auto de aclaración de data vinte e tres de marzo de 2021 que por medio do presente notifícanse a Marco Paulo Alves de Oliveira, informando a parte de que contra a sentencia cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de vinte días desde a súa notificación, podendo o notificado ter coñecemento integro desta na oficina xudicial deste xulgado.

No presente edicto inclúense os datos estritamente necesarios para alcanzar o seu fin ordenados pola Instrución 6/2012 da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e a protección de datos.

E para que conste e sirva de notificación da referida sentenza á parte demandada, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 26 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza