Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24641

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 432/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 432/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Alfonso Ramón González Delgado contra a empresa Tlenium Tegnología y Servizos, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva:

Que estimando integramente a demanda interposta por Alfonso Ramón González Delgado contra Telenium Tecnología y Servicios, S.L., contra Xavier Perna Bertrán, como administrador concursal de Telenium Tecnología y Servicios, S.L., e contra o Fondo de Garantía Salarial, debo condenar e condeno á mercantil demandada Telenium Tecnología y Servicios, S.L. a abonarlle ao demandante a suma de 5.122,22 euros brutos –desagregados e polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza–, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; condenando a Xavier Perna Bertrán, na súa condición de administrador concursal da mercantil demandada a aterse á anterior condena.

No que incumbe á responsabilidade do Fogasa non procede á súa condena nesta instancia debendo aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Tlenium Tegnología y Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza