Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 20 de maio de 2021 Páx. 24813

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofertan e se convocan para o acto de elección de destino os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica.

A base novena da Resolución do 3 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia nº 92, do 15 de maio) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso, entre outras, na categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica do Servizo Galego de Saúde dispón que, comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará, no Diario Oficial de Galicia, a relación definitiva de aspirantes seleccionados/as, as prazas que se lles ofertan e o procedemento e prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

En virtude do exposto, comprobada a documentación dos/das aspirantes e finalizado o prazo de impugnación contra a Resolución do 16 de febreiro de 2021 pola que se fan públicos os acordos do tribunal relativos á baremación definitiva da fase de concurso, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, como anexo I, a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica do Servizo Galego de Saúde, convocado mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 3 de maio de 2019.

Segundo. Aprobar a relación de prazas que se ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso, e que figura como anexo II desta resolución.

As prazas que se ofertan corresponden sempre a prazas básicas da correspondente categoría, de conformidade co establecido no artigo 17 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo.

Terceiro. Convocar os/as aspirantes seleccionados/as que se indican no anexo I desta resolución para que, en único chamamento e acto e pola orde que nel se establece, en aplicación das bases da convocatoria, elixan destino definitivo.

O acto de elección de destino terá lugar o día 27 de maio de 2021, ás 16.30 horas, no salón de actos da Consellería de Sanidade, no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

O acto de elección desenvolverase consonte o seguinte procedemento:

a) As persoas aspirantes deberán comparecer provistas de documento nacional de identidade ou doutro documento que acredite de modo fidedigno a súa identidade.

b) A solicitude que formulen as persoas aspirantes será vinculante e irrenunciable.

c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

d) O/a aspirante seleccionado/a que non compareza e/ou non opte por un destino, na data e de acordo co procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non se terán en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

e) Dado o contexto sanitario actual, será obrigatorio o uso de máscara cirúrxica ou FFP2 sen válvula. Ademais, só estará permitido o acceso ao lugar de realización do acto das persoas aspirantes convocadas, agás causa médica, previamente e debidamente xustificada, que requira da asistencia de acompañante.

Cuarto. As persoas aspirantes seleccionadas neste proceso que, tendo participado ademais no concurso específico para o acceso a esta mesma categoría, convocado mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 4 de xuño de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 113, do 11 de xuño), resulten adxudicatarias de praza neste último, terán, no acto de elección de destino, dúas opcións:

– Opción A:

Optar por un dos destinos que se ofertan no concurso-oposición para o acceso á categoría. De exercer esta opción, a persoa aspirante decaerá en todos os dereitos derivados da súa participación no concurso específico convocado mediante a Resolución do 4 de xuño de 2020 e resultará adxudicataria do destino seleccionado no concurso-oposición.

– Opción B:

Renunciar á elección de destino no concurso-oposición para o acceso á categoría. De exercer esta opción, a persoa aspirante decaerá en todos os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición convocado mediante a Resolución do 3 de maio de 2019 e resultará adxudicataria do destino obtido no concurso específico.

Producirase este mesmo efecto no suposto de non comparecer a persoa aspirante ao acto de elección de destino.

Quinto. De conformidade co disposto na base 9.8 da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 3 de maio de 2019, de convocatoria do concurso-oposición, se, como consecuencia deste exercicio de opción e/ou calquera outro motivo, no acto de elección de destino resultan prazas sen adxudicar, a autoridade convocante procederá ao chamamento de novos/as aspirantes, no número que se corresponda coas prazas ofertadas e non elixidas, coa finalidade de que manifesten a súa opción por elas, logo da acreditación do cumprimento dos requisitos exixidos. Esta opción realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva.

Neste suposto, a convocatoria dos/das novos/as aspirantes efectuarase o día seguinte ao da realización do acto de elección de destino, a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde: www.sergas.es/sección de emprego público. Nela informarase dos destinos pendentes de adxudicación, relación de novo/s aspirante/s convocado/s, a data, a hora e o lugar para a realización da selección de destino/s pendente/s.

Sexto. Se, como consecuencia do exercicio de opción previsto no punto cuarto, resultan prazas sen adxudicar no concurso específico para o acceso á categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica, convocado mediante a Resolución do 4 de xuño de 2020, as prazas ofertadas neste proceso e non cubertas ofertaránselles aos/ás seguintes aspirantes pola orde de prelación que resulte.

Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as

Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Nota OPE

Formación

Experiencia

Outras

actividades

Total

1

***1936**

MAYO GONZALEZ, MARTA

LI

53,750

14,000

6,500

0,000

74,250

2

***5141**

SOLLA MARTINEZ, MARTA

LI

52,000

14,000

6,250

0,000

72,250

3

***0054**

PAZOS SEOANE, LAURA

LI

51,500

14,000

5,650

0,550

71,700

4

***7975**

RIO BARRERA, ADELA

LI

43,000

14,000

14,340

0,283

71,623

5

***7429**

CANAS RONDON, MARCOS

LI

47,250

8,560

15,200

0,000

71,010

6

***9746**

SANMARTIN CHAPELA,

CRISTINA

LI

51,875

14,000

4,750

0,000

70,625

7

***6315**

OTERO VIDAL, ARANZAZU

LI

51,250

14,000

3,340

0,000

68,590

8

***8739**

SANTOS MIRANDA, EVA

LI

50,000

14,000

3,550

0,200

67,750

9

***9485**

CEJUELA MATEOS, MARIA NIEVES

LI

46,875

6,820

14,000

0,000

67,695

1

***4320**

GARCIA JACOME, FE

PI

49,375

14,000

17,700

0,526

81,601

2

***1983**

LOPEZ COVELA, MARIA FE

PI

50,750

13,910

16,000

0,109

80,769

3

***7771**

AGRA TUÑAS, MARIA DO CARME

PI

45,500

14,000

18,550

2,150

80,200

4

***0665**

VILASECO ILLODO, CARMEN MARIA

PI

47,500

12,850

16,950

0,800

78,100

5

***6683**

CARBALLO CADAHIA, CRISTINA

PI

50,500

13,000

13,850

0,059

77,409

6

***9782**

REI SERRA, MARIA TERESA

PI

43,125

14,000

17,750

1,205

76,080

7

***5254**

SANCHEZ SUAREZ, YOLANDA

PI

48,500

14,000

12,200

0,400

75,100

8

***9157**

FERNANDEZ TUÑAS, MARIA DEL CARMEN

PI

42,875

14,000

16,150

2,050

75,075

9

***0573**

JACOME FEIJOO, RITA

PI

49,000

6,670

18,600

0,700

74,970

ANEXO II

Destinos que se ofertan

Centro directivo

Centro/s

Quenda

Concello

Núm. prazas

A.S. da Coruña e Cee

O Castrillón

Mañá

Coruña, A

1

A.S. de Ferrol

Pontedeume-Cabanas-Monfero

Mañá

Pontedeume, Cabanas, Monfero

1

A.S. de Ferrol

Fontenla Maristany-Manuel Comellas

Mañá

Ferrol

1

A.S. de Ferrol

Fontenla Maristany-Caranza

Tarde

Ferrol

1

A.S. de Santiago de

Compostela e Barbanza

As Fontiñas

Mañá

Santiago de Compostela

1

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Vedra-Boqueixón

Mañá

Vedra, Boqueixón

1

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Touro-O Pino

Mañá

Touro, Pino, O

1

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Vilagarcía de Arousa

Mañá

Vilagarcía de Arousa

1

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Virxe Peregrina

Tarde

Pontevedra

1

A.S. de Pontevedra e O Salnés

A Parda

Desprazable

Pontevedra

1

A.S. de Vigo

Tui

Mañá

Tui

1

A.S. de Vigo

Teis

Mañá

Vigo

1

A.S. de Vigo

Casco Vello

Desprazable

Vigo

1

A.S. de Vigo

Rúa Cuba

Desprazable

Vigo

1

A.S. de Lugo, A Mariña e

Monforte de Lemos

Illas Canarias

Mañá

Lugo

1

A.S. de Lugo, A Mariña e

Monforte de Lemos

A Milagrosa

Mañá

Lugo

1

A.S. de Ourense, Verín e

O Barco de Valdeorras

A Cuña

Mañá

Ourense

1

A.S. de Ourense, Verín e

O Barco de Valdeorras

O Carballiño

Mañá

Carballiño, O

1