Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 46/2021 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Miriam Cacabelos Suárez contra a empresa Caneliñas Alimentación, S.L., sobre ordinario, se ditou no día de data a dilixencia de ordenación e auto en que se despacha execución, impugnables en reposición no prazo de tres días, e decreto da mesma data, impugnable en revisión no prazo de tres días, os que se atopan á súa disposición na sede do xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Caneliñas Alimentación, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Pontevedra, 26 de abril de 2021
A letrada da Administración de xustiza