Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 20 de maio de 2021 Páx. 24838

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 3/2021).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 3/2021 deste xulgado do social se ditou resolución da cal os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial e cuxos datos se fan constar a continuación:

Resolución: auto con data do 16 de marzo de 2021.

Recurso e prazo: recurso de reposición en prazo de 3 días.

Persoa/empresa a quen se notifica: Brisas do Sar Alimentación y Bebidas, S.L.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Brisas do Sar Alimentación y Bebidas S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e a súa inserción no Diario oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza