Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 20 de maio de 2021 Páx. 24805

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2021 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial.

O máster universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. O carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) estableceuse polo Acordo do Consello de Ministros do 1 de setembro de 2020, publicado mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 3 de setembro de 2020 no Boletín Oficial del Estado do 17 de setembro.

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial pola Universidade da Coruña, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 6 de maio de 2021

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 4317212.

Plan de estudos que se inicia no curso 2020/21.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1)

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Ciencias Sociais e Xurídicas.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...…

Optativas (OP)…..……….…………………

Prácticas externas (PE)……………………

Traballo fin de máster (TFM)…….……...…

Total………………………………………….

45

3

6

6

60

3. Contido do plan de estudos.

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Marco de referencia

As Relacións Xurídicas na Sociedade Dixital

OB

6

Privacidade e Datos Persoais

OB

6

Marco específico

Contratación Privada

OB

6

Dixitalización das Relacións Laborais e da Seguridade Social

OB

3

Propiedade Intelectual, Propiedade Industrial e Dereito da Competencia

OB

6

Administración Dixital e Intervención Pública

OB

6

Dereito Tributario e Novas Tecnoloxías

OB

3

Criminalidade Informática e Ciberseguridade

OB

4,5

Proceso e TIC

OB

4,5

Materias optativas

Metodoloxía da Investigación

OP

3

Delegado de Protección de Datos

OP

3

Prácticas externas

Prácticas externas

PE

6

Traballo de fin de máster

Traballo de fin de máster

TFM

6

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral.

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial pola Universidade da Coruña.