Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 20 de maio de 2021 Páx. 24829

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 46/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 46/2018 deste xulgado do social contra a empresa Servihost Duplex, S.L., e coa intervención do Fogasa, sobre reclamación de cantidade (procedemento ordinario), foi ditada a resolución, cuxos antecedentes de feito e parte dispositiva din:

«Sentenza

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante, María del Carmen Ruiz Galian, presentou no 12.1.2018 demanda, que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, despois de expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que achou pertinentes, solicitaba a condena da empresa ao aboamento das cantidades indicadas na súplica.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse para a celebración do acto de xuízo o día 19.2.2020, ao cal compareceu unicamente a parte demandante e que se desenvolveu en todas as súas fases tal e como consta na correspondente gravación audiovisual, co cal se deu por terminado o acto e os autos quedaron vistos para sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido:

Que, estimando a demanda interposta por María del Carmen Ruiz Galian contra a empresa Servihost Duplex, S.L. e o Fogasa, condénase a empresa a aboar a cantidade de mil trescentos vinte e dous euros e sesenta e tres céntimos (1.322,63 €), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absólvese o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que é firme.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Servihost Duplex, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza