Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 533/2018 por instancia de José Antonio Vázquez Santos contra Ventanas Energéticas, S.L. e o Fogasa sobre PO, nos cales foi pronunciada sentenza no 21 de abril de 2021 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
«Decido:
Estimar a demanda formulada por José Antonio Vázquez Santos contra a empresa Ventanas Energéticas, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
– Condénase a empresa Ventanas Energéticas, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de sete mil oitocentos corenta euros con corenta e nove céntimos de euro (7.840,49 euros), co xuro moratorio do 10 % producido polos conceptos salariais.
Notifíquese a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non gozar do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Ventanas Energéticas, S.L., expido e asino este edicto.
A Coruña, 27 de abril de 2021
A letrada da Administración de xustiza