De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
Data da acta de inspección |
Ref. catastral |
Localización/polígono/parcela |
Persoa responsable |
16.7.2020 |
36041A020002910000OS |
Tacón. Poio/20/291 |
Descoñecida |
16.7.2020 |
36041A020003000000OG |
Tacón. Poio/20/300 |
Descoñecida |
16.7.2020 |
36041A020002860000OJ |
Tacón. Poio/20/286 |
Descoñecida |
16.7.2020 |
36041A042010940000OM |
Monte de Albar. Poio/42/1094 |
Descoñecida |
16.7.2020 |
36041A042006290000OF |
Alargo. Poio/42/629 |
Descoñecida |
26.8.2020 |
36041A010080060000OG |
Rodal. Poio/10/8006 |
Descoñecida |
1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que na acta de inspección referenciada comprobouse que na referida parcela incúmprese o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada de 3.545,82 euros por hectárea, para os traballos de apeo, tronzado, amontoado e saca mecanizada do arborado.
Nº de expediente |
Ref. catastral |
Ha afectadas por |
Liquidación provisional |
2086/2018 (xMA18/172) |
36041A020002910000OS |
0,017157 |
60,84 |
2086/2018 (xMA18/172) |
36041A020003000000OG |
0,003127 |
11,09 |
2086/2018 (xMA18/172) |
36041A020002860000OJ |
0,020667 |
73,28 |
3424/2018 (xMA18/232) |
36041A042010940000OM |
0,078741 |
279,20 |
3424/2018 (xMA18/232) |
36041A042006290000OF |
0,030976 |
109,83 |
946/2020 (xMA20/025) |
36041A010080060000OG |
1,047924 |
3.715,75 |
4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
Poio, 26 de abril de 2021
Luciano Sobral Fernández
Alcalde