Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25160

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2021 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2021

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Convenio de colaboración entre a axencia galega de innovación e as entidades colaboradoras asociación para la digitalización de la industria de Galicia e a Asociación DIH Datalife para o apoio na xestión da convocatoria para a selección de proxectos no marco do programa Conecta-Hub

25.1.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Cultura, Ciencia e Tecnoloxía para o desenvolvemento de actividades de divulgación científica no ano 2021

23.2.2021

8.000 €

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Fundación Científica da Asociación Española contra o Cancro, a Fundación Kertor e Janssen-Cilag, S.A. para a creación dunha incubadora de proxectos no ámbito do descubrimento de fármacos contra o cancro

25.02.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador universitario beneficiario dunha axuda do ERC no marco do H2020

23.3.2021

32.125 €

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa para a colaboración no desenvolvemento do fondo da Proba de Concepto

20.4.2021

400.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a empresa Peugeot Citroën Automóviles España, S.A. para o desenvolvemento dun proxecto de I+D dunha nova plataforma de fabricación ultraflexible para o lanzamento dun novo vehículo tipo van 100 % eléctrico (EK9)

23.4.2021

1.970.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade de Santiago de Compostela para o cofinanciamento da participación da Universidade de Santiago de Compostela no nodo español do Consorcio de Infraestruturas de Investigación Europeas EU-Openscreen-ERIC, dedicada á investigación en bioloxía química

23.4.2021

146.200 €