Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de A Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carral (expediente IN407A 2020/140-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Divarian Propiedad, S.A.

Domicilio social: rúa Julián Camarillo, núm. 4, Barrio Simancas-Distrito San Blas, 28037 Madrid.

Título: proxecto: LMTS e CT soterrado para subministración a edificio de vivendas.

Situación: rúa Pan 11, 15175 Carral (A Coruña).

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada de 15 kV, con inicio en cela existente no CT 15S357 e final en empalmes na liña de media tensión soterrada existente RAL706 a CT 15CEH5, logo de entrar e saír no CT proxectado, con condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3x(1x240 mm2) Al, lonxitude 175 m.

Centro de transformación soterrado en edificio prefabricado 2L1P, con celas prefabricadas SF6 (24 kV, 400 A, 16 kA), 2 celas de liña (entrada/saída), 1 cela de protección con fusibles e transformador en aceite mineral, refrixeración natural, 15 kV/420 V de 250 kVA.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as úas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que poida incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 9 de abril de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña