Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25225

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2021 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 10C (emisorista de defensa contra incendios forestais), correspondente ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 (DOG número 182, do 25 de setembro).

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG número 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 10C (emisorista de defensa contra incendios forestais), correspondente ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 (DOG número 182, do 25 de setembro); e, unha vez acreditado ou cumprimento dos requisitos exixidos nesta por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, e segundo a base IV.4 da convocatoria, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.4 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos esixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao grupo e categoría á que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación.

No prazo máximo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de dez (10) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos».

Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal laboral fixo da categoría a que accede.

2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 24.5 do V Convenio colectivo único da Xunta de Galicia.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos esixidos no artigo 24.5 do V Convenio colectivo único da Xunta de Galicia poderán solicitar a excedencia voluntaria por incompatibilidade, o que deberán de manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, á que deberán achegar a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada.

Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino ou non presentase a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicadas en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Selección (edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia na dirección https://sede.xunta.gal; ou ben presentará a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do grupo e categoría á que se accede e a orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no seu proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

As persoas aspirantes nomeadas persoal laboral fixo e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

As persoas aspirantes que obteñan un destino provisional deberán optar as prazas que se oferten na elección de destino definitivo.

Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal.

Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG númro 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Nº orde elección

DNI

Apelidos e nome

1

***1198**

Domínguez Brenlla, Martín

2

***7950**

Castiñeira Guimarey, José Manuel

3

***8433**

Pérez Álvarez, Ignacio

4

***1429**

Vilaboa Gandoy, María Carmen

5

***7041**

Porta Alfonsín, María Amparo

6

***2306**

Blanco Fajín, Alberto

7

***9422**

Gómez Fernández, Pedro

8

***6152**

Calvelo Camino, José Manuel

9

***7429**

López Pérez, José Manuel

10

***2301**

Castiñeiras Míguez, Begoña

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Nome

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Observacións

1

MRC991080132001203

Emisorista SPDCIF

MR

Servizo de Prevención de Incendios Forestais (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

V-10C

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

2

MRC991080132001204

MRC991080136001200

Emisorista SPDCIF

MR

Servizo de Prevención de Incendios Forestais (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

V-10C

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

4

MRC995003015580034

Emisorista SPDCIF

MR

Distrito forestal:

III-Santiago-Meseta Interior

Servizos periféricos

Ordes

V-10C

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

5

MRC995004015560033

Emisorista SPDCIF

MR

Distrito forestal:

IV-Barbanza

Servizos periféricos

Noia

V-10C

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

6

MRC995005015910033

Emisorista SPDCIF

MR

Distrito forestal:

V-Fisterra

Servizos periféricos

Vimianzo

V-10C

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

7

MRC995005015910034

MRC995008027300034

Emisorista SPDCIF

MR

Distrito forestal:

VIII-Terra de Lemos

Servizos periféricos

Monforte de Lemos

V-10C

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

9

MRC995001015350034

Emisorista SPDCIF

MR

Distrito forestal:

I-Ferrol

Servizos periféricos

Ferrol

V-10C

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

10

MRC995018036380038

Emisorista SPDCIF

MR

Distrito forestal:

XVIII-Vigo-Baixo Miño

Servizos periféricos

O Porriño

V-10C

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

11

MRC995014032840042

Emisorista SPDCIF

MR

Distrito forestal: XIV - Verín-Viana

Servizos periféricos

Verín

V-10C

Laboral fixo-descontinuo; complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; ocupado por persoal laboral indefinido non fixo; B12 = 295,38

12

MRC995019036001039

Emisorista SPDCIF

MR

Distrito forestal:

XIX-Caldas-O Salnés

Servizos periféricos

Pontevedra

V-10C

Laboral fixo-descontinuo; complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 295,38

13

MRC991080115001204

Emisorista SPDCIF

MR

Servizo de Prevención de Incendios Forestais (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

V-10C

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

14

MRC030000215770103

Emisorista SPDCIF

MR

S.X. de Extinción

Dirección Xeral de Defensa do Monte

Santiago de Compostela

V-10C

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

15

MRC991080132001211

Emisorista SPDCIF

MR

Servizo de Prevención de Incendios Forestais (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

V-10C

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

16

MRC991080132001212

17

MRC030000215770105