Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25231

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2021 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais), correspondente ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 25 de setembro).

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais), correspondente ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 (DOG número 182, do 25 de setembro); e, unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nesta por parte das persoas aspirantes, co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, e segundo a base IV.4 da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.4 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos esixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao grupo e categoría á que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación.

No prazo máximo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de dez (10) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos».

Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal laboral fixo da categoría a que accede.

2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, sempre que cumpra os requisitos esixidos no artigo 24.5 do V Convenio colectivo único da Xunta de Galicia.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos esixidos no artigo 24.5 do V Convenio colectivo único da Xunta de Galicia poderán solicitar a excedencia voluntaria por incompatibilidade, o que deberán de manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, á que deberán achegar a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada.

Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino ou non presentase a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicadas en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Selección (edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia na dirección https://sede.xunta.gal; ou ben presentará a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do grupo e categoría á que se accede e a orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no seu proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

As persoas aspirantes nomeadas persoal laboral fixo e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

As persoas aspirantes que obteñan un destino provisional deberán optar as prazas que se oferten na elección de destino definitivo.

Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal.

Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Nº orde elección

DNI

Apelidos e nome

1

***1198**

Domínguez Brenlla, Martín

2

***7950**

Castiñeira Guimarey, José Manuel

3

***8433**

Pérez Álvarez, Ignacio

4

***1077**

Pinza Vidueira, Jorge

5

***9722**

Sestayo Cambeiro, Manuel Pedro

6

***9149**

Miniño Mariño, Manuel Roberto

7

***3539**

Díaz Otero, Antonio

8

***6174**

Penela Teira, Ignacio José

9

***1477**

Domínguez de Andrade, Marco Antonio

10

***2609**

Martínez Llamas, Manuel Ángel

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Nome

Cons

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr

Observacións

1

MRC995003215060033

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: Arzúa-Terra de Melide

Servizos periféricos

Arzúa

V-10B

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

2

MRC995006127650031

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: Mariña Occidental

Servizos periféricos

Viveiro

V-10B

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

3

MRC995007127060032

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: Os Ancares

Servizos periféricos

Becerreá

V-10B

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

4

MRC995007227180032

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: A Fonsagrada

Servizos periféricos

A Fonsagrada

V-10B

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

5

MRC995008227160031

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: Chantada

Servizos periféricos

Chantada

V-10B

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

6

MRC995008327490031

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: Quiroga

Servizos periféricos

Quiroga

V-10B

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

7

MRC995009127001031

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: Lugo

Servizos periféricos

Lugo

V-10B

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

8

MRC995012232430030

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: Allariz-Maceda

Servizos periféricos

Maceda

V-10B

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

9

MRC995012132001032

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: Ourense

Servizos periféricos

Ourense

V-10B

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

10

MRC995014132840031

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

V-10B

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

11

MRC995015132060030

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

V-10B

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

12

MRC995015132060031

13

MRC995015232320030

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: A Limia

Servizos periféricos

Xinzo de Limia

V-10B

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

14

MRC995015232320031

15

MRC995016236170030

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: Tabeiros-Terra de Montes

Servizos periféricos

A Estrada

V-10B

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

16

MRC995019236001030

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: Pontevedra- O Morrazo

Servizos periféricos

Pontevedra

V-10B

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84

17

MRC995012132001064

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: Ourense

Servizos periféricos

Ourense

V-10B

Laboral fixo-descontinuo; complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 295,38

18

MRC995008327490045

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: Quiroga

Servizos periféricos

Quiroga

V-10B

Laboral fixo-descontinuo; complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 295,38

19

MRC995009227560053

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: Sarria-Samos

Servizos periféricos

Sarria

V-10B

Laboral fixo-descontinuo; complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 295,38

20

MRC995016136240060

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: Deza

Servizos periféricos

Lalín