Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25238

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021 da Comisión encargada de cualificar os procesos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de Administración xeral, corpo facultativo de grao medio de Administración especial, corpo administrativo de Administración xeral, corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, corpo auxiliar de administración xeral, corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupos A2, C1, C2, grupo B e da escala de persoal subalterno da agrupación profesional de persoal funcionario da Comunidade Autónoma de Galicia, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos II, III, IV e V, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 10 de maio, a Comisión nomeada pola Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo) para cualificar os procesos que se citan na cabeceira, convocados polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 32, do 17 de febreiro) para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia pertencente a diversas categorías, mediante o seu cambio de vínculo xurídico,

ACORDOU:

Primeiro. Elevar a definitivas a cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba tipo test feitas públicas pola Resolución do 24 de marzo de 2021 (DOG número 66, do 9 de abril).

Segundo. Facer pública, de conformidade co disposto na base II.2.4, a baremación provisional do concurso de méritos no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, ao que se poderá acceder a través do seguinte enderezo: https:// www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion.

Debe indicarse que, de conformidade coa base II.2.2, o concurso de méritos será cualificado de «apto» ou «non apto» e para superalo será necesario acadar unha puntuación mínima de 6 puntos entre todas as epígrafes do baremo puntuables.

Contra a baremación provisional poderase presentar reclamación ante a propia Comisión de funcionarización no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no DOG.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.9 contra o presente acordo da Comisión poderá presentarse recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2021

Rubén Plaza Martínez
Presidente da Comisión