De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a María Dolores Villasenín Álvarez o trámite de audiencia ditado no expediente PON/266/2018-R1, en relación coas obras consistentes en construción dunha edificación para garaxe e dun contedor metálico, que se levan a cabo na rúa Paseo de Portugal, 89, Camposancos, no termo municipal da Guarda, provincia de Pontevedra.
O expediente relacionado atópase á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.
A interesada disporá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes.
Para que conste e lle sirva de notificación a citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2021
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística