Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25663

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Emprego e Igualdade nos meses de xaneiro a abril de 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2021

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Emprego e Igualdade nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2021

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Deputación Provincial da Coruña para a acreditación da formación impartida no marco do programa de salvamento e socorrismo acuático financiado con cargo a fondos propios desta deputación provincial

22.2.2021

-------------

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Fundación clúster de empresas de automoción de Galicia (Ceaga) para a autorización do uso de medios e instalación do centro de Formación Profesional de Coia (Vigo) para a realización de actividades de formación profesional

17.3.2021

-----------

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e as organizacións sindicais e empresarial participantes no diálogo social en Galicia para o impulso do proceso e o desenvolvemento e seguimento dos acordos asinados

5.4.2021

400.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e as organizacións sindicais e empresarial no marco do proxecto Feag-Empreganav

13.4.2021

2.206.225 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Foro pola Economía Social Galega para a visibilización e fomento da participación da economía social galega durante o ano 2021

30.4.2021

60.000 €