Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 25 de maio de 2021 Páx. 25792

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2021/22.

Advertido erro na Resolución do 4 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2021/22, publicada no DOG nº 90, do 14 de maio de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 23905, na instrución cuarta, onde di:

«1. De acordo co establecido no artigo 31 da Orde 1363/2007, do 24 de outubro, para a organización, realización, avaliación e cualificación das probas de madureza de grao medio e de grao superior, constituirase o tribunal que figura no anexo III desta resolución».

Debe dicir:

«1. De acordo co establecido no artigo 31 do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, para a organización, realización, avaliación e cualificación das probas de madureza de grao medio e de grao superior, constituirase o tribunal que figura no anexo III desta resolución».