O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Dar publicidade á relación de convenios subscritos pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2021
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Xerente da Axencia Galega para a Xestión
do Coñecemento en Saúde
ANEXO
Convenio |
Importe económico |
Data da sinatura |
Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Astrazeneca Farmacéutica Spain, S.A. para a realización dunha pílula formativa E-learning sobre o cancro de pulmón |
Ingreso 4.809,75 € |
15.4.2021 |