Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 27 de maio de 2021 Páx. 26300

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 14 de maio de 2021 pola que se modifica a autorización da Escola Familiar Agraria Fonteboa, de Coristanco.

A representación da titularidade da Escola Familiar Agraria Fonteboa, de Coristanco, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Transporte e Loxística, no réxime ordinario, modalidade presencial, e do CS Acondicionamento Físico, na modalidade semipresencial e a distancia, así como o incremento ata 30 postos escolares no ciclo medio (CM) Produción Agropecuaria.

Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, co informe da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro docente e autorizar o ciclo superior (CS) Transporte e Loxística na modalidade presencial, o CS Acondicionamento Físico na modalidade semipresencial e a distancia, así como o incremento ata 30 postos escolares no ciclo medio (CM) Produción Agropecuaria, quedando o centro configurado como se detalla a seguir:

Denominación: Escola Familiar Agraria Fonteboa.

Código: 15021974.

Domicilio: Feira Nova, s/n.

Localidade: San Paio.

Concello: Coristanco.

Provincia: A Coruña.

Titular: Federación de Escuelas Familiares Agrarias.

Composición resultante:

Modalidade presencial, réxime ordinario:

• 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

• CM Guía no Medio Natural e de Tempo de Lecer (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CM Produción Agropecuaria (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

• CS Acondicionamento Físico (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal (2 unidades para 20 postos escolares cada unha) con posibilidade de impartir 1 unidade do 2º curso na modalidade de formación profesional dual).

• CS Paisaxismo e Medio Rural (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Transporte e Loxística (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

Modalidade semipresencial e a distancia, réxime de persoas adultas:

• Educación secundaria para persoas adultas.

• CS Acondicionamento Físico.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade