Por Orde do 27 de maio de 2020 (DOG do 11 de xuño), prorrógase a autorización temporal, ata o 31 de agosto de 2021, do centro privado estranxeiro (CPREX) Pangea Active School, de Arteixo, para impartir as ensinanzas de Pre-School Section (de 3 a 6 anos) e de Elementary Section (de 6 a 12 anos), do sistema educativo dos Estados Unidos de América, realizada por Orde do 27 de agosto de 2019 (DOG do 6 de setembro).
A titularidade do centro solicita unha prórroga da devandita autorización temporal e achega un certificado, con validez ata o 31 de agosto de 2022, de elixibilidade no proceso de acreditación da New England Association of Schools & Colleges (NEASC) para impartir as ensinanzas de Pre-School Section que se corresponden coa etapa de educación infantil (de 3 a 6 anos) para un máximo de 24 postos escolares, e para as ensinanzas de Elementary Section que se corresponden coa etapa de educación primaria (de 6 a 12 anos) para un máximo de 44 postos escolares, do sistema educativo dos Estados Unidos de América.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Real decreto 806/1993, do 28 de maio, sobre centros docentes estranxeiros en España, así como no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Prórroga da autorización temporal
Prorrogar a autorización temporal, ata o 31 de agosto de 2022, do centro privado estranxeiro Pangea Active School, de Arteixo, para impartir as ensinanzas de Pre-School Section (de 3 a 6 anos) e de Elementary Section (de 6 a 12 anos), do sistema educativo dos Estados Unidos de América.
Os datos do centro son os que se detallan a seguir:
Denominación xenérica: Centro privado estranxeiro (CPREX).
Denominación específica: Pangea Active School.
Código do centro: 15033174.
Domicilio: Camiño da Colina, 18.
Localidade: Morás.
Código postal: 15690.
Concello: Arteixo.
Provincia: A Coruña.
Titular: Pangea Escuela Viva, S.L.
Ensinanzas que se prorrogan ata o 31 de agosto de 2022:
Sistema educativo dos Estados Unidos de América, para alumnado español e estranxeiro.
• Pre-School Section que se corresponden coa etapa de educación infantil (de 3 a 6 anos) para un máximo de 24 postos escolares.
• Elementary Section que se corresponden coa etapa de educación primaria (de 6 a 12 anos) para un máximo de 44 postos escolares.
Artigo 2. Prórroga da autorización
A prórroga da autorización terá validez ata o 31 de agosto de 2022, conforme o certificado emitido pola New England Association of Schools & Colleges (NEASC). A partir de esta data, a autorización dependerá dunha nova inspección dos servizos da Embaixada dos Estados Unidos de América.
Artigo 3. Inscrición no rexistro
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Obrigas do centro
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e sometido á inspección educativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de conformidade co establecido no artigo 9 do Real decreto 806/1993, do 28 de maio, así como a solicitar unha nova autorización e inscrición no caso de que se produza calquera variación nos elementos e circunstancias que dan lugar a esta autorización.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2021
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade