Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 27 de maio de 2021 Páx. 26292

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril, do ano 2021, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, no mes de decembro do ano 2020 que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2021

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Primeira
e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2021

Convenio

Achega económica da consellería (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello da Capela no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello da Lama no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello da Peroxa no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Ares no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Baños de Molgas no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Baralla no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Barro no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Boqueixón no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Campo Lameiro no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Carballedo no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Curtis no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Frades no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Lousame no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Maceda no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Melón no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Outeiro de Rei no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Petín no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Pontecesures no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Portas no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Riós no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Sandiás no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Sobrado no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Vilaboa no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Vilar de Barrio no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

2.1.2021

Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio de Xustiza, a Comunidade Autónoma de Galicia, a Comunitat Valenciana, a Comunidad Autónoma de Andalucía, a Comunidad de Madrid e a Universidad Nacional de Educación a Distancia (Uned) para a realización de prácticas externas en xulgados e tribunais de Galicia, Comunitat Valenciana, Andalucía, Madrid, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Extremadura, Illes Balears, Región de Murcia, Ceuta e Melilla.

0 €

29.1.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Universidade de Santiago de Compostela, para a colaboración entre o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) e o Instituto de Ciencias Forenses «Luís Concheiro».

200.000 €

12.2.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXG).

2.000 €

2.3.2021

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

0 €

2.3.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Padrón, en materia de protección civil (Cans de salvamento).

9.000 €

4.3.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a coordinación de actuacións no desenvolvemento do programa galego de vixilancia e control fronte á avespa asiática (Vespa Velutina).

0 €

10.3.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en materia de protección civil, para dar unha resposta psicolóxica en emerxencias e catástrofes.

40.000 €

10.3.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e Farmacéuticos Mundi, para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia.

50.000 €

11.3.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Asociación Comité Español da UNRWA (UNRWA España) para o proxecto «Garantizar o dereito á educación na franxa de Gaza fronte á crise humanitaria agravada pola COVID-19».

30.000 €

11.3.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a coordinadora galega de organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento para a execución do proxecto «mellora das capacidades da coordinadora galega de ONGD para representar e fortalecer ás ONGD galegas e promover obxectivos compartidos de incidencia política e social».

10.000 €

11.3.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

20.000 €

12.3.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Asociación de Cans de Salvamento de Galicia «Casaga» en materia de protección civil.

13.000 €

15.3.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, Augas de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña, para o proxecto «fortalecemento de capacidades técnicas e operativas para a mellora da xestión dos recursos hídricos en Mozambique (Aqua-Moz 2ª fase).

50.000 €

15.3.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as Deputacións Provinciais, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais.

0 €

16.3.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Asociación España con Acnur para o proxecto «Protección e asistencia de poboación refuxiada venezolana en Colombia no contexto da COVID-19».

30.000 €

18.3.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, (actual Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo) e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado do máster universitario en márketing, consultoría e comunicación política.

0 €

30.3.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e mais a Federación Galega de Asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (Fademga), para a realización dun proxecto de adaptación de sentenzas xudiciais a lectura facil.

10.000 €

30.3.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Asociación Esperanza Salnés, para colaborar na realización de actividades e programas de intervención terapéutica, destinados á atención terapéutica de nenos con discapacidade física ou intelectual.

15.000 €

9.4.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Fundación Galega contra o Narcotráfico para actividades e liñas de traballo de loita contra o tráfico de drogas en Galicia.

17.000 €

9.4.2021

Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio de Xustiza, a Comunidade Autónoma de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización de prácticas externas en xulgados e tribunais.

0 €

13.4.2021

Protocolo de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello da Estrada para a construcción do novo edificio xudicial.

0 €

19.4.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Asociación solidariedade galega co pobo saharaui (SOGAPS) para a realización do proxecto «Urxencia alimentaria nos campamentos de refuxiados saharauis a causa da COVID-19 2021».

100.000 €

20.4.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Unicef, comite español para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia.

100.000 €

22.4.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Galega contra o narcotráfico para a xestión de bens comisados en delitos contra o narcotráfico e conexos.

15.000 €

27.4.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o proxecto de implementación do I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento 2020-2030 e consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable

40.000 €

10.5.2021

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo no mes de decembro do ano 2020

Convenio

Achega económica da consellería (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun proxecto para o estudo da delimitación competencial no ámbito da Administración local de Galicia.

25.000 €

31.12.2020