Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 28 de maio de 2021 Páx. 26615

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (59/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 59/2019 deste xulgado se ditou a sentenza con data do 27 de abril de 2021 contra a que non cabe recurso de suplicación. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na Secretaría deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Protección Castellana, S.L.U. e Ombuds Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguinte comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza