Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 28 de maio de 2021 Páx. 26613

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 39/2021).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada en substitución da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 39/2021 deste xulgado do social, seguido a instancia de Concepcion López Cisneros contra Bierzo Enxebre, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza, Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2021.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución do Decreto nº 179/2020 de data 29.6.20 ditado no procedemento DOI 96/20 a favor da parte executante, Concepción López Cisneros, fronte a Bierzo Enxebre, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 23.218,69 euros en concepto de principal (18.077,24 euros en concepto de indemnización, 5.141,45 euros en concepto de salarios e liquidación), máis outros 2.321,86 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de Xustiza, María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2021

Parte dispositiva.

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente ejecutoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Bierzo Enxebre, S.L., dar audiencia previa a parte demandante Concepción López Cisneros e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado de acordará o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación da mesma con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Bierzo Enxebre, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza