Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 28 de maio de 2021 Páx. 26496

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2021 pola que se resolve parcialmente o proceso de selección de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para beneficiarios dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius (código de procedemento IN859A).

A Axencia Galega de Innovación (Gain), dada a súa condición de organismo público de investigación tal e como recolle a Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, poderá contratar persoal investigador en réxime laboral mediante as modalidades contractuais recollidas na Lei 14/2011, do 1 de xuño, de ciencia, tecnoloxía e innovación.

Mediante a Resolución do 30 de outubro de 2020 (DOG núm. 20, 1 de febreiro de 2021) anunciouse a convocatoria de tres prazas de persoal investigador, conforme o establecido no Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación de persoal investigador dotado cunha bolsa do ERC, no marco do programa para a xeración, captación, retención e recuperación de talento investigador en Galicia (programa Oportunius).

Finalizado o proceso de selección da praza número 3, correspondente ao dominio ERC Ciencias Sociais e Humanidades, de acordo co sinalado no artigo 12 e seguintes da convocatoria, o tribunal elevou á Dirección da Axencia Galega de Innovación a proposta a favor do aspirante seleccionado.

Por todo iso, en virtude das atribucións do Decreto 50/2012, de 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Contratar como persoal laboral da Axencia Galega de Innovación, na modalidade de investigador distinguido, a persoa que se indica no anexo.

Segundo. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada, perante a Presidencia da Axencia Galega de Innovación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Praza número 3.

Dominio ERC de Ciencias Sociais e Humanidades: Mario Pansera (***9284***).