Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 31 de maio de 2021 Páx. 26945

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO de convocatoria para a provisión de varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 99, do 4 de maio de 2021, publicáronse integramente as bases que deberán rexer as convocatorias para prover:

Unha (1) praza de monitor/ra de ximnasia.

Unha (1) praza de limpador/ra.

Dúas (2) prazas de educador/ra escola infantil.

Unha (1) praza de auxiliar servizos sociais.

Unha (1) praza de oficial de mantemento.

Do cadro de persoal laboral fixo, todas elas para cubrir polo sistema de concurso-oposición (procedemento extraordinario de consolidación do emprego temporal ao abeiro da disposición transitoria cuarta do Estatuto básico do empregado público).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e no Portal de transparencia do Concello de Xove.

Xove, 4 de maio de 2021

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde