Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 1 de xuño de 2021 Páx. 27078

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2021 pola que se resolve a convocatoria pública para vinculación temporal, a cobertura de dúas prazas da categoría Médico Xeral do Centro de Transfusións de Galicia (na actualidade Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos) (Diario Oficial de Galicia número 57, do 25 de marzo).

Convocada por Resolución de 17 de marzo de 2021 (DOG nº 57, do 25 de marzo), a provisión para vinculación temporal, a cobertura de dúas prazas da categoría médico xeral do CTG (na actualidade ADOS), esta Dirección, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro) polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG nº 197, do 15 de outubro),

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a cobertura de dúas prazas da categoría Médico Xeral do CTG (na actualidade ADOS), convocado por Resolución do 17 de marzo de 2021 (DOG nº 57, do 25 de marzo).

Segundo. De conformidade coa base sétima da convocatoria, convocar aos/as aspirantes seleccionados/as que se indican no anexo I desta resolución para que en único chamamento e acto e pola orde que se establece en aplicación das bases da convocatoria, elixan destino. O acto de elección de destino terá lugar o mércores, 2 de xuño de 2021, ás 10.00 o primeiro adxudicatario e ás 10.20 o segundo, na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita en Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6, 15705 Santiago de Compostela.

Terceiro. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo I desta resolución.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar ao finalizar o acto de elección de destino.

Quinto. Contra a presente resolución, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2021

María Luísa López García
Directora da Axencia de Sangue, Órganos e Tecidos

ANEXO I

Apelidos/nome

DNI

Total 1ª fase

Total 2ª fase

Total suma fases

Zapata Rodríguez, José María

***5959**

32,342

2,000

34,342

Sarmiento Castro, Luz

***0842**

12,595

13,450

26,045

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.